UrbanismoCulleredo implanta la Inspección Técnica de EdificacionesLos propietarios tendrán que encargar un informe técnico a los 50 años de vida de un inmueble o a requerimiento del ConcelloO Concello implanta a Inspección Técnica de Edificacións para garantir a conservación e seguridade urbanística
12 Xuño, 2012. 19:26
A Lei de Ordenación Urbanística de Galicia obriga no seu artigo 200 aos Concellos a regular mediante ordenanza municipal o deber de inspeccionar de forma periódica as edificacións. Con esta medida preténdese determinar o seu estado de conservación. A ordenanza enmárcase dentro dunha necesaria cultura de rehabilitación e mantemento, sendo un instrumento de tutela preventiva para potenciar o papel que a conservación debe xogar no desenvolvemento da cidade. Con ela preténdese evitar a progresiva degradación do patrimonio edificado, a deterioración urbanística e social de determinadas áreas e a perda de identidade urbana. A ordenanza aprobada afecta a todos os propietarios, titulares de calquera tipo de edificación, con independencia do seu uso e destino (vivenda, oficinas, uso industrial ou comercial). Quedan exceptuados desta obrigación as edificacións declaradas en ruína ou sometidas a expediente contraditorio de ruína. No caso de edificios, a obrigación de realizar a ITE corresponde á comunidade. Con esta medida, o Concello de Culleredo regula a obrigación de manter nas edificacións as condicións básicas de seguridade, estabilidade, estanqueidade, e consolidación estrutural, así como as de habitabilidade e ornato, en función do destino do inmoble. Para iso, elaborarase un informe de inspección técnica da edificación emitido por un técnico competente, co contido sinalado. O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, explica que a realización da Inspección Técnica periódica permitirá coñecer "se a edificación está a ser conservada e mantida correctamente e non presenta síntomas aparentes que indiquen unha falta de seguridade". Coa ITE poderanse tomar decisións de acometer melloras nos niveis de conservación e a toma de medidas a tempo "para evitar tanto os riscos para a seguridade das persoas como a necesidade de afrontar reparacións máis complexas e custosas". O informe técnico deberá presentarse no colexio profesional correspondente e no rexistro do Concello, acompañado da ficha técnica da edificación. O primeiro informe debe presentarse dentro do ano seguinte a aquel en que o edificio cumpra 50 anos de antigüidade ou dentro do prazo específico de 3 meses se é requirido polo Concello. O documento terá que ser renovado periodicamente dentro do ano seguinte en que se teñan transcorridos 10 anos desde que se entregase o anterior. Coa aprobación e entrada en vigor da ordenanza, o Concello establece os seguintes prazos para presentar os informes: Edificacións até 1900: en 2012.
|
ite >